DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 22 de decembro de 2010 Páx. 20.675

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2010, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas, en virtude da Resolución do 16 de xullo de 2010, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a entidades sen ánimo de lucro para desenvolver programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante e retornada na Comunidade Autónoma galega, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

De conformidade co disposto no artigo 15º.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 16º da Resolución do 16 de xullo de 2010, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a entidades sen ánimo de lucro para desenvolver programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante e retornada na Comunidade Autónoma galega, para o ano 2010, procédese á publicación das subvencións concedidas de contía igual ou superior a 3.000 euros.

Finalidade das subvencións: favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante e retornada mediante subvencións de gastos correntes e de equipamento para a realización dos proxectos e accións referidos aos eixes e programas previstos no artigo 5º da Resolución do 16 de xullo de 2010.

Norma reguladora: Resolución do 16 de xullo de 2010 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a entidades sen ánimo de lucro para desenvolver programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante e retornada na Comunidade Autónoma galega, durante o ano 2010 (DOG nº 140, do 23 de xullo) e Resolución do 28 de outubro pola que se amplía o prazo de xustificación.

Aplicacións orzamentarias: 04.50.312C.481.0 e 04.50.312C.781.0 dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 2010.

Crédito orzamentario: 600.000 € na aplicación orzamentaria 04.50.312C.481.0 e 80.000 € na aplicación orzamentaria 04.50.312C.781.0.

Entidades beneficiarias da subvención cunha contía igual ou superior a 3.000 € e importe da subvención concedida a cada unha delas expresado en euros, que figuran no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2010.

J. Santiago Camba Bouzas

Secretario xeral da Emigración

Ver referencia pdf "24400D002P007.PDF"

Ver referencia pdf "24400D003P008.PDF"