DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 22 de decembro de 2010 Páx. 20.674

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2010, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas, en virtude da Resolución do 16 de xullo de 2010, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais, para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación retornada e inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma galega durante o ano 2010.

De conformidade co disposto no artigo 15º.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 15º da Resolución do 16 de xullo de 2010, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais, para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación retornada e inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma galega durante o ano 2010, procédese á publicación das subvencións concedidas de contía igual ou superior a 3.000 euros.

Finalidade da axuda: as axudas teñen como finalidade a subvención dos gastos correntes que se lles orixinen aos concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais a que se lles concede a subvención para a realización dos programas previstos no artigo 5º do anexo da Resolución do 16 de xullo.

Norma reguladora: Resolución do 16 de xullo de 2010 pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais, para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación retornada e inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma galega durante o ano 2010 (DOG nº 139, do 22 de xullo) e Resolución do 28 de outubro de 2010 pola que se amplía o prazo de xustificación.

Aplicación orzamentaria: 04.50.312C.460.0 dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 2010.

Crédito orzamentario: 700.000 € na aplicación orzamentaria 04.50.312C.460.0.

Entidades locais beneficiarias da subvención cunha contía igual ou superior a 3.000 € e importe da axuda concedida a cada unha delas expresado en euros, por orde alfabética, que figuran no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2010.

J. Santiago Camba Bouzas

Secretario xeral da Emigración

Ver referencia pdf "24400D001P006.PDF"