DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 21 de decembro de 2010 Páx. 20.638

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2010 pola que se modifica a denominación do ficheiro de protección de datos de xestión de usuarios dos servizos de medicina legal da Universidade de Santiago de Compostela.

Por Resolución do 9 de xuño de 2010 creouse o ficheiro de xestión de usuarios dos servizos do Instituto de Medicina Legal como ficheiro de datos de carácter persoal da Universidade de Santiago de Compostela (DOG do 5 de xullo).

Por acordo do Consello de Goberno do 30 de setembro de 2010 modificouse a denominación do citado Instituto de Medicina Legal, que pasou a denominarse Instituto de Ciencias Forenses Luís Concheiro.

Deste xeito procede modificar a denominación do ficheiro de datos de carácter persoal nº 24 Xestión de usuarios dos servizos do Instituto de Medicina Legal, polo nome de Xestión de usuarios dos servizos do Instituto de Ciencias Forenses Luis Concheiro, así como todas as referencias ao anterior nome contidas na resolución de creación do ficheiro.

Na súa virtude, e co fin de dar cumprimento ao mandato legal do artigo 20º da LOPD, sobre creación ou modificación de ficheiros que conteñan datos de carácter persoal xestionados pola Universidade de Santiago de Compostela, e de lles asegurar aos administrados o exercicio dos seus lexítimos dereitos, esta reitoría

Resolve:

Artigo 1º.-Obxecto e motivos da modificación.

Mediante esta resolución da Universidade de Santiago de Compostela modifícase o ficheiro nº 24 denominado Xestión de usuarios dos servizos do Instituto de Medicina Legal que pasa a denominarse Xestión de usuarios dos servizos do Instituto de Ciencias Forenses Luis Concheiro, como consecuencia do cambio de nome acordado polos órganos de goberno da USC.

Artigo 2º.-Contido.

Todas as referencias ao Instituto de Medicina Legal que figuran na Resolución do 9 de xuño de 2010 pola que se creou o ficheiro de xestión de usuarios dos servizos do Instituto de Medicina Legal como ficheiro de datos de carácter persoal e publicada no DOG do 5 de xullo de 2010 pasan a ser ao Instituto de Ciencias Forenses Luis Concheiro.

Neste senso modifícase:

-O artigo 1º e onde di: «Primeiro.-Crearase o ficheiro de xestión de usuarios dos servizos do Instituto de Medicina Legal; debe indicar: «Primeiro.-Crearase o ficheiro de xestión de usuarios dos servizos do Instituto de Ciencias Forenses Luis Concheiro».

-No anexo onde se indica: «Ficheiro nº 24 (Xestión de usuarios dos servizos do Instituto de Medicina Legal)»; debe dicir: «Ficheiro nº 24 (Xestión de usuarios dos servizos do Instituto de Ciencias Forenses Luis Concheiro)».

-No anexo onde se sinala: «Identificación do ficheiro: Xestión de usuarios dos servizos do Instituto de Medicina Legal»; debe dicir: «Identificación do ficheiro Xestión de usuarios dos servizos do Instituto de Ciencias Forenses Luis Concheiro».

-No anexo onde indica: «Órgano, servizo ou unidade en que se deberán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: Instituto de Medicina Legal»; debe dicir: «Órgano, servizo ou unidade en que se deberán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: Instituto de Ciencias Forenses Luis Concheiro».

-No anexo onde di: «Descrición detallada da finalidade do ficheiro e dos usos previstos deste: Ficheiro para a xestión dos datos de persoas físicas interesadas en que o Instituto de Medicina Legal lles oferte os seus servizos, relacionados coa identificación xenética, contrapericias e asesoramento científico-técnico e informes de ADN»; debe dicir: «Descrición detallada da finalidade do ficheiro e dos usos previstos deste: Ficheiro para a xestión dos datos de persoas físicas interesadas en que o Instituto de Ciencias Forenses Luis Concheiro lles ofreza os seus servizos, relacionados coa identificación xenética, contrapericias e asesoramento científico-técnico e informes de ADN».

O resto do ficheiro manterase coa mesma redacción.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2010.

Juan José Casares Long

Reitor da Universidade de Santiago de Compostela