DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 21 de decembro de 2010 Páx. 20.632

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2010 pola que se dá publicidade á campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal non docente destinado en centros educativos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

De acordo co disposto no artigo 22º da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, modificada pola Lei 54/2003, do 12 de decembro, de reforma do marco normativo da prevención de riscos laborais, o empresario garantiralles aos traballadores ao seu servizo a vixilancia periódica do seu estado de saúde en función dos riscos inherentes ao traballo.

O Decreto 332/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no seu artigo 4º.1.3 atribúelle ao Servizo de Prevención de Riscos Laborais cantas funcións deriven das leis de prevención de riscos laborais e dos seus regulamentos de desenvolvemento.

Con base no anterior, anúnciase esta campaña de vixilancia da saúde de acordo coas seguintes premisas:

1. Obxecto e ámbito de aplicación.

Prestación do servizo de vixilancia da saúde ao persoal non docente destinado en centros educativos públicos non universitarios, en función dos riscos inherentes ao posto de traballo, conforme o disposto no artigo 22º da Lei de prevención de riscos laborais.

2. Inscrición.

A inscrición previa realizarase no formulario de petición de recoñecemento voluntario que estará dispoñible nas secretarías de todos os centros educativos.

A inscrición debe incluír todos os datos que figuran no formulario. A falta dalgún deles impedirá a tramitación da solicitude.

O prazo de inscrición rematará transcorridos vinte días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, agás para o persoal de nova incorporación e o persoal que se incorpore ao traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde.

3. Citacións.

A falta de asistencia á cita implicará, agás causa de forza maior debidamente xustificada ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais no prazo de cinco días, que o/a traballador/a renuncia ao recoñecemento médico de forma voluntaria.

4. Resultados e entrega dos informes de vixilancia da saúde.

Os resultados de vixilancia da saúde serán subscritos polo facultativo competente, teñen carácter persoal e reservado e a entrega farase en sobre pechado a cada traballador/a.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2010.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria