DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 21 de decembro de 2010 Páx. 20.628

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2010 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 14 de abril de 2010, pola que se aprobaron as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento da propiedade industrial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010 (Diario Oficial de Galicia número 77, do 26 de abril).

O artigo 14º da orde reguladora dispón: «Cando remate o prazo de presentación de solicitudes, e unha vez valoradas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención».

Na súa virtude,

RESOLVE:

Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas con cargo ás aplicacións orzamentarias 08.02.741A.771.0 e 08.02.741A.781.0 para a realización de trámites de concesión, mantemento, transmisión ou análise de rexistrabilidade en relación con títulos de propiedade industrial, ao abeiro da Orde do 14 de abril do 2010 pola que se aprobaron as bases reguladoras para a concesión das subvencións para o fomento da propiedade industrial, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2010.

P.D. (Orde 30-4-2009, DOG nº 87, do 6 de maio)

José Riesgo Boluda

Secretario xeral da Consellería

de Economía e Industria

Ver referencia pdf "24300D005P024.PDF"