DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 16 de decembro de 2010 Páx. 20.373

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 14 de decembro de 2010 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que modifica a Resolución do 27 de xullo, pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape a pemes, autónomos e particulares para a renovación de automóbiles con desmantelamento de automóbiles antigos para o ano 2010 (Plan Remóvete Galicia), e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva, renomeándoa a través desta modificación como Plan Remóvete 2010 G.

Advertida omisión na referida resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia, número 239, do 15 de decembro de 2010, procede facer a oportuna corrección publicando os anexos I, II, III e V.

Esta corrección de erros non modifica o prazo de presentación de solicitudes.

Ver referencia pdf "24000D013P025.PDF"