DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 16 de decembro de 2010 Páx. 20.373

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2010 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 21 de outubro de 2010, polo que se declara festa de Galicia de interese turístico na provincia de Pontevedra a Festa do Lacón con Grelos que se celebra no concello de Cuntis.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e un de outubro de dous mil dez, adoptou, por proposta do conselleiro de Cultura e Turismo, o seguinte acordo:

Declarar festa de Galicia de interese turístico na provincia de Pontevedra a Festa do Lacón con Grelos, que se celebra o domingo seguinte ao Domingo de Entroido no concello de Cuntis, de conformidade co establecido no Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico.

En cumprimento co disposto no artigo 20º do dito decreto, ordénase a publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e a notificación ás persoas ou entidades organizadoras da festa e ao concello correspondente.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2010.

P.D. (Orde 2-5-2009, DOG nº 155)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Turismo