O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e un de outubro de dous mil dez, adoptou, por proposta do conselleiro de Cultura e Turismo, o seguinte acordo:
Declarar festa de Galicia de interese turístico na provincia da Pontevedra a Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes, que se celebra o primeiro sábado despois do dezaseis de agosto de cada ano no concello de Forcarei, de conformidade co establecido no Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico.
En cumprimento co disposto no artigo 20º do dito decreto, ordénase a publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e a notificación ás persoas ou entidades organizadoras da festa e ao concello correspondente.
Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2010.
P.D. (Orde 2-5-2009, DOG nº 155)
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral da Consellería de Cultura
e Turismo