DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 16 de decembro de 2010 Páx. 20.372

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 30 de novembro de 2010 pola que se aproban as bases e se convocan axudas, complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do Programa comunitario de mobilidade Erasmus e de Suíza, para estudantes universitarios que participan nesta acción no curso 2010/2011.

Advertido erro na cita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 236, do 10 de decembro de 2010, é necesario efectuar a oportuna corrección:

No artigo 8º.2. Tramitación. Onde di: «As listas provisionais de admitidos e excluídos por documentación serán expostas o día 23 de xaneiro de 2011», debe dicir: «As listas provisionais de admitidos e excluídos por documentación serán expostas o día 23 de febreiro de 2011».