DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 16 de decembro de 2010 Páx. 20.371

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 29 de novembro de 2010 pola que se autoriza o cambio de denominación do colexio de educación infantil e primaria de Cangas, na provincia de Pontevedra.

Tendo en conta o disposto no artigo 8º, punto 1, do anexo do Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, esta consellería

DISPÓN:

Autorizar o cambio de denominación do centro que a continuación se relaciona:

Provincia: Pontevedra.

Concello: Cangas.

Localidade: Cangas.

Código de centro: 36000879.

Denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria de Cangas.

Nova denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria Nazaret.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2010.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria