DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 16 de decembro de 2010 Páx. 20.367

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2010 pola que se adxudican as axudas para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas do sistema galego de I+D+i convocadas por Orde do 8 de outubro de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 202, do 20 de outubro).

Por Orde do 8 de outubro de 2010 (DOG do 20 de outubro) convocáronse as subvencións para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas do sistema galego de I+D+i.

De conformidade co disposto no artigo 12º da Orde do 8 de outubro citada, vista a proposta de resolución formulada polo director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias, esta consellería

RESOLVE:

1. Conceder as axudas para a renovación dos contratos-programa aos grupos de investigación do SUG, CSIC, IEO e centros da rede sanitaria pública galega que se relacionan no anexo I desta resolución, polos importes que se indican.

2. Conceder as axudas para os centros de innovación e tecnoloxía que se relacionan no anexo II desta resolución polos importes que se indican.

3. Denegar as axudas para todas as demais solicitudes admitidas a trámite que non figuran nesta resolución por non acadaren a puntuación mínima establecida pola comisión de valoración.

4. O importe total das axudas concedidas é de seis millóns seiscentos cinco mil novecentos oitenta e cinco euros (6.605.985 euros), coa distribución por aplicacións orzamentarias que se recolle no seguinte cadro:

Ver referencia pdf "24000D005P019.PDF"

5. De conformidade co establecido no artigo 14º da Orde do 8 de outubro de 2010 (DOG nº 202, do 20 de outubro), o 80% do importe das axudas será librado con carácter de anticipo, unha vez publicada esta resolución.

6. Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación indicada no artigo 19º da Orde do 8 de outubro citada. O prazo para a presentación desta documentación remata o día 27 de decembro de 2010. Para realizar a xustificación, deberán utilizarse os modelos publicados na web da Consellería de Economía e Industria:

http://economiaeindustria.xunta.es/dxidi

7. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición perante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou, directamente, recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2010.

P.D. (Orde 30-4-2009, DOG nº 87)

José Riesgo Boluda

Secretario xeral da Consellería de Economía

e Industria

Ver referencia pdf "24000D005P019.PDF"