DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 16 de decembro de 2010 Páx. 20.357

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2010 pola que se adxudican as subvencións para a realización de proxectos de innovación (procedemento IN841C) convocadas pola Orde do 6 de xullo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da investigación e a innovación empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010 (Diario Oficial de Galicia número 129, do 8 de xullo), modificada polas ordes do 12 de xullo (Diario Oficial de Galicia número 134, do 15 de xullo) e do 16 de xullo (Diario Oficial de Galicia número 138, do 21 de xullo).

Por orde da Consellería de Economía e Industria do 6 de xullo de 2010 (DOG nº 129, do 8 de xullo) convocáronse as subvencións para o ano 2010 para o fomento da investigación e a innovación empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. O anexo III da citada orde contén as bases regula doras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a realización de proxectos de innovación (código de procedemento: IN841C).

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da citada orde da convocatoria, atendendo as dispoñibilidades de crédito e as propostas elaboradas pola comisión de valoración prevista no artigo 10º da orde da convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlles as subvencións para a realización de proxectos de innovación (procedemento IN841C) aos beneficiarios que se relacionan no anexo I desta resolución, nas contías que se sinalan, que supoñen uns totais de 717.724,75 euros para o ano 2010, 1.951.622,08 euros para o ano 2011, e de 864.735,90 euros para o ano 2012. Aquelas subvencións para as cales se recolle si na columna Feder están cofinanciadas con fondos Feder.

Segundo.-Denegarlles as subvencións para a realización de proxectos de innovación aos solicitantes que se relacionan no anexo II desta resolución, por non ser consideradas subvencionables as súas solicitudes pola comisión de valoración.

Terceiro.-Desestimar expresamente o resto das solicitudes presentadas ao abeiro da orde da Consellería de Economía e Industria do 6 de xullo de 2010 (DOG nº 129, do 8 de xullo), dentro do procedemento IN841C.

Cuarto.-Para poder percibir as subvencións, os beneficiarios deberán presentar, na data límite do 15 de decembro de 2010, a documentación indicada no artigo 18º da Orde do 6 de xullo de 2010 (DOG nº 129, do 8 de xullo) así como no artigo 7º do anexo III da citada orde de convocatoria.

Quinto.-A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Economía e Industria adoptará as medidas necesarias para a instrución dos correspondentes expedientes de gasto.

Sexto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibir a subvención correspondente.

Sétimo.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2010.

P.D. (Orde 30-4-2009, DOG nº 87, do 6 de maio)

José Riesgo Boluda

Secretario xeral da Consellería de Economía

e Industria

Ver referencia pdf "24000D002P009.PDF"