DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 15 de decembro de 2010 Páx. 20.314

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2010 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que modifica a Resolución do 27 de xullo, pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape a pemes, autónomos e particulares para a renovación de automóbiles con desmantelamento de automóbiles antigos para o ano 2010 (Plan Remóvete Galicia), e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva, renomeándoa a través desta modificación como Plan Remóvete 2010 G.

Mediante Resolución do 27 de xullo de 2010 (DOG nº 147, do 3 de agosto), do director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, deuse publicidade ao acordo do seu Consello de Dirección aprobando as bases reguladoras das axudas do Igape a pemes, autónomos e particulares para a renovación de automóbiles con desmantelamento de automóbiles antigos para o ano 2010 (Plan Remóvete Galicia), e procedeuse a súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva. Posteriormente, con data do 11 de agosto de 2010 publicouse unha corrección de erros da dita resolución (DOG nº 153, do 11 de agosto de 2010).

As ditas axudas foron implantadas co animo de estimular á demanda para a renovación de automóbiles en Galicia tendo en conta a súa retracción evidente no primeiro semestre do exercicio 2010 e para intentar paliar a previsible caída do mercado en Galicia unida a suba impositiva do IVE efectivo desde o 1 de xullo de 2010.

Tras os primeiros meses de vixencia destes incentivos, tanto o sector da automoción como a Consellería de Economía e Industria, son conscientes de que están resultando insuficientes para estimular a demanda, vendo que a caída das vendas de automóbiles en Galicia no que vai transcorrido do segundo semestre do 2010 están a resultar críticas tanto para o sector industrial como para os establecementos de venda de vehículos e, en consecuencia para o conxunto da economía.

Para tratar de mellorar os estímulos e a resposta do mercado, a Consellería de Economía e Industria e os representantes do sector en Galicia, acordan a sinatura dun convenio de colaboración que, en esenza, compromete ao Igape a incrementar o nivel das axudas individuais a conceder sobre a renovación de vehículos, co compromiso dos representantes do sector de efectuar a cambio un desconto pola súa parte de 800 €, de xeito que o aforro neto para o consumidor sexa significativo e así, se poida acadar o obxectivo de impulso da demanda que, coas condicións actuais non ven sendo acadado.

A tal fin, o convenio de colaboración e as bases modificadas, conformarán un novo instrumento que debe contribuír aos efectos incentivadores perseguidos, a través do denominado, tras estes cambios e modificacións: Plan Remóvete 2010 G.

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do 15 de novembro de 2010, acordou por unanimidade dos seus membros asistentes, a modificación das bases reguladoras das axudas do Igape a pemes, autónomos e particulares para a renovación de automóbiles con desmantelamento de automóbiles antigos (Plan Remóvete Galicia) que pasa a denominarse Plan Remóvete 2010 G.

A modificación aplicarase a aquelas solicitudes presentadas a partir do 25 de novembro de 2010, data de sinatura do convenio de colaboración coa asociación sectorial.

Estimase conveniente a ampliación do prazo de presentación de axudas ata o 30 de decembro de 2010 para atender o previsible incremento da demanda.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro.-Publicar no Diario Oficial de Galicia a modificación da Resolución do 27 de xullo de 2010, pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape a pemes, autónomos e particulares para a renovación de automóbiles con desmantelamento de automóbiles antigos para o ano 2010 (Plan Remóvete Galicia), e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva, que pasa a denominarse Plan Remóvete 2010 G, nos termos anexos a esta resolución.

Segundo.-A modificación aplicarase a aquelas solicitudes de axuda presentadas a partir do 25 de novembro de 2010.

Terceiro.-Amplíase a data límite de presentación de solicitudes ata o 30 de decembro de 2010.

Cuarto.-A modificación das bases non supón incremento de gasto.

Quinto.-Publicar o convenio de colaboración entre o Igape e a Asociación de Concesionarios de Galicia, o que se xunta como anexo ás bases reguladoras.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2010.

Joaquín Varela de Limia de Cominges

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

Modificación das bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económicae a pemes, autónomos e particulares para a renovación de automóbiles con desmantelamento de automóbiles antigos para o ano 2010 que pasan a denominarse Plan Remóvete 2010 G

Tendo en conta que unha vez publicadas e vixente as axudas do Plan Remóvete Galicia 2010, a caída das vendas de automóbiles en Galicia está a resultar crítica tanto para o sector industrial como para os establecementos de venda de vehículos.

Que o instrumento específico como é o Plan Remóvete 2010 para impulsar a renovación do parque de automóbiles en Galicia, débese potenciar para acadar os obxectivos de impulso que decidiron a súa posta en marcha, xa que nas circunstancias actuais obsérvase que ditos obxectivos non veñen sendo acadados nos meses que leva en vigor durante este exercicio.

Acadado o compromiso cos representantes do sector en Galicia no conxunto de España, para facilitar as vendas de automóbiles considérase que sería necesario incrementar a intensidade das axudas individuais para poder acadar o efecto incentivador da demanda perseguido.

Na súa virtude, modifícanse as bases reguladoras das axudas do Igape a pemes, autónomos e particulares para a renovación de automóbiles con desmantelamento de automóbiles antigos para o ano 2010 feitas públicas mediante resolución do director xeral do Igape do 27 de xullo de 2010 (DOG nº 147, do 3 de agosto) nos seguintes extremos:

Primeiro.-As axudas do Igape a pemes, autónomos e particulares para a renovación de automóbiles con desmantelamento de automóbiles antigos para o ano 2010 (Plan Remóvete Galicia), pasa a denominarse Plan Remóvete 2010 G.

Segundo.-Modifícase o artigo 3º.1 das bases reguladoras, do seguinte xeito:

«3.1. Serán subvencionables as operacións de compravenda de vehículos nunha entidade colaboradora formalizadas desde o día 1 de agosto ata o 30 de decembro de 2010 ou, en todo caso, ata o esgotamento do orzamento asignado, nas cales os compradores cumpran as seguintes condicións: (…)».

Terceiro.-O artigo 4º das bases reguladoras pasa a ter a seguinte redacción:

«Artigo 4º.-Contía das axudas.

4.1. A contía das axudas non excederá do 20% dos custos subvencionables para o caso de pequenas empresas e particulares e do 10% para o caso de medianas empresas, sen que en ningún caso se superen:

a) 500 € cando se produza a adquisición dun turismo M1 cuxo custo non alcance os 10.000 €, IVE engadido.

b) 700 € cando o turismo M1 a adquirir teña un custo entre 10.000 e 30.000 €, IVE engadido.

No caso de que a operación de compravenda conte cun desconto de 800 € sobre o PVP antes de impostos realizado polo fabricante, polo establecemento de venda o por calqueira fórmula mixta entre eles adoitada, e dito desconto figure específicamente detallado na factura de compravenda emitida para proceder ó cobro da subvención do Igape as axudas descritas nos anteriores apartados serían de:

a1) 800 € cando se produza a adquisición dun turismo M1 cuxo custo non alcance os 10.000 €, IVE engadido.

b1) 1.210 € cando o turismo M1 a adquirir teña un custo entre 10.000 e 30.000 €, IVE engadido.

As condiciones dos descontos para acceder as axudas a1) e b1) figuran nos termos e condicións do convenio de colaboración asinado entre o Igape e os representantes do sector de automoción en Galicia, que se incorpora como anexo.

c) 1.000 € cando o vehículo a adquirir sexa un vehículo categoría N1, salvo no caso indicado no epígrafe seguinte.

d) 1.500 € cando o vehículo a adquirir sexa un vehículo categoría N1, e sexa adquirido por unha peme ou autónomo cuxa actividade principal se desenvolva nos sectores da pesca, agroindustrial, téxtil - confección, naval e industria auxiliar, transformación da madeira, rochas ornamentais, audiovisual ou turismo (as epígrafes correspondentes son as enumeradas no anexo IV, as empresas que acrediten mediante alta no IAE algunha destas actividades, deberán ter sido dadas de alta na mesma con anterioridade ao 1 de agosto de 2010).

4.2. Para o cómputo do custo do automóbil incluirase a base impoñible e o IVE, pero non a axuda do Igape nin outras axudas de organismos ou institucións públicas ou privadas establecidas no Real decreto 898/2009 do 22 de maio.

4.3. No caso de que algún organismo ou institución estatal aportase unha cantidade adicional para o mesmo plan, esta sería compatible coas axudas aquí establecidas coa condición, no caso de pemes e autónomos, que a axuda acumulada non supere o 50% do custo total do vehículo que se vai adquirir».

Cuarto.-Substitúense os anexos I, II, III e V polos que se publican con esta modificación.

Anexo I.

Anexo II.

Anexo III.

Anexo V.

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Asociación de Concesionarios de Galicia para a posta en marcha na Comunidade Autónoma de Galicia de medidas de incentivo á demanda na compra de vehículos, Plan Removete 2010 G

Santiago de Compostela, ... de ... de 2010

Reunidos:

Dunha banda, o Javier Guerra Fernández, Presidente do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

Doutra banda, o Emilio Pérez Nieto, presidente da Asociación de Concesionarios de Galicia.

Expoñen:

Primero.-Que a caída das vendas de automóbiles en Galicia no 2º semestre do 2010 están a resultar críticas tanto para o sector industrial como para os establecementos de venda de vehículos.

Segundo.-Que o Igape é o instrumento básico de acción da Xunta de Galicia para impulsar o desenvolvemento competitivo do sistema produtivo galego, planeando e executando as actuacións do Goberno Autónomo para o apoio ás actuacións consideradas estratéxicas no ámbito de Galicia. Neste senso o Igape dispón dun instrumento específico como é o Plan Remóvete 2010 para impulsar a renovación do parque de automóbiles en Galicia, que cabe potenciar para acadar os obxectivos de impulso, que non veñen sendo acadados nos 3 meses que leva en vigor durante este exercicio.

Terceiro.-Que, en consideración ao anterior, tense presentado ao Consello de Dirección do Igape unha proposta de modificación das bases reguladoras das axudas a pemes, autónomos e particulares para a renovación de automóbiles con desmantelamento de automóbiles antigos, elevando o importe das axudas individuais, condicionadas ao desconto de marca/concesionario de ata 800 €, do seguinte xeito:

Adquisición por pemes e autónomos e particulares de vehículos con menos de dous anos de antigüidade:

-Categoría M1 pouco contaminantes (emisión non superior a 149 g/km de CO2):

*Vehículos de custo inferior a 10.000 €: 800 €.

*Vehículos entre 10.000 e 30.000 €: 1.210 €.

Estas novas bases reguladoras nomearán o plan como Plan remóvete 2010 G.

Na súa virtude, e dada a existencia dun interese coincidente, as partes formalizan o presente convenio con arreglo as seguintes cláusulas:

Primeira.-Obxecto.

Este convenio ten por obxecto establecer as condicións de colaboración entre o Igape e a Asociación de Concesionarios de Galicia, para incrementar o pulo á demanda da adquisición de vehículos novos e semi-novos en Galicia con desmantelamento de vehículos antigos, no exercicio 2010.

Segunda.-Compromisos da Asociacion Galega de Concesionarios.

1. Co obxectivo previsto na cláusula primeira, a Asociación de Concesionarios de Galicia, adquiren o compromiso de que calquera venda realizada polos establecementos de venda de vehículos de Galicia adheridos ao Plan Remóvete 2010, que cumpra as condicións para a obtención da subvención do Igape, tal como se establece no artigo 3º das bases reguladoras, será obxecto dun desconto adicional de 800 € no caso de turismos categoría M1, practicado polas marcas (industrias), polos concesionarios galegos ou por calquera fórmula mixta entre eles adoitada.

Este compromiso de desconto, será comprobado polo Igape nas facturas emitidas, con carácter previo ao pagamento de cada axuda individual.

2. As marcas e os concesionarios adheridos a este convenio comprométense a divulgar de forma intensa a existencia do novo plan, facendo referencia de forma explícita o Plan Remóvete 2010 G da Xunta de Galicia nas insercións publicitarias que realicen.

Terceira.-Compromiso do Igape.

En base a este convenio, o Igape comprométese á propoñer a modificación das bases reguladoras no sentido definido no expositivo terceiro así como a prever na modificación das bases reguladoras das axudas a pemes, autónomos e particulares para a renovación de automóbiles con desmantelamento de automóbiles antigos, que figure como data de entrada en vigor das bases modificadas a data de sinatura deste convenio.

Asemade, o Igape proporá que as axudas do futuro Plan Remóvete 2010 G sexan extensivas a aqueles expedientes tramitados ao abeiro do Plan Removete 2010 que teñan formalmente acreditado os descontos establecidos no apartado 1) da cláusula segunda deste convenio.

Cuarta.-Instrumentación.

Os compromisos previstos neste convenio serán reflictidos na proposta de modificación das bases reguladoras das axudas a pemes, autónomos e particulares para a renovación de automóbiles con desmantelamento de automóbiles antigos (Plan Remóvete), redefinindo simultaneamente á denominación do Plan para distinguilo tras a sinatura deste convenio, pasando mediante a modificación prevista a denominarse Plan Remóvete 2010 G.

Esta modificación non supón incremento orzamentario.

Quinta.-Vixencia.

A vixencia do presente convenio estenderase dende o día seguinte ao da súa sinatura e ata o 30 de decembro de 2010.

As cuestións litixiosas que poidan xurdir coa interpretación, modificación, resolución e efectos do presente convenio serán resoltas polo Igape. As resolucións emitidas porán fin á vía administrativa e contra elas pódese interpor recurso contencioso-administrativo segundo o disposto na Lei reguladora desta xurisdición.

Sexta.

Serán causas de resolución do convenio, o mutuo acordo das partes e o incumprimento das cláusulas contidas no mesmo.

Sétima.

Este convenio non contén por si mismo compromiso de gasto.

E en proba de conformidade e para a debida constancia do pactado, asinan o presente convenio, por duplicado exemplar, e en todas as follas, no lugar e data indicados.

Polo Instituto Galego de Promoción Económica: Javier Guerra Fernández. Pola Asocicación Galega de Concesionarios: Emilio Pérez Nieto.