DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 10 de decembro de 2010 Páx. 20.188

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2010 pola que se estima a solicitude de modificación de denominación dunha praza de profesorado universitario.

O Consello de Goberno desta Universidade, na súa sesión do 30 de setembro de 2010, acordou, logo de petición do interesado, cos informes favorables dos departamentos correspondentes e examinada a solicitude razoada e o seu currículo, o cambio de denominación da praza de profesorado universitario que se relaciona no anexo.

En aplicación do dito acordo, resolvo modificar a denominación da área da praza de profesorado universitario que se relaciona e segundo se detalla no anexo. O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2010.

Juan José Casares Long

Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Apelidos e nome: Brenlla González, Julio Bernardo.

Corpo docente: profesor titular de universidade.

Área á que pertence: enfermaría.

Área solicitada: psiquiatría.