DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 10 de decembro de 2010 Páx. 20.181

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 16 de novembro de 2010 pola que se declaran de utilidade pública diversas asociacións inscritas nos rexistros de asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia.

Por iniciativa das correspondentes asociacións, poderán ser declaradas de utilidade pública aquelas que reúnan os requisitos establecidos no artigo 32º da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociacións.

Os expedientes foron instruídos de conformidade co previsto no Real decreto 1740/2003, do 19 de decembro, sobre procedementos relativos a asociacións de utilidade pública, e neles consta a documentación e os informes previstos na citada norma.

O Decreto 157/2008, do 10 de xullo, sobre asunción de funcións da Administración do Estado traspasadas á Comunidade Autónoma de Galicia, mediante o Real decreto 1080/2008, do 30 de xuño, en materia de declaración de utilidade pública de asociacións, asigna estas funcións á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, establecendo que será competente para resolver o procedemento de declaración de utilidade pública a persoa titular da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, logo da instrucción do procedemento polo órgano correspondente.

De conformidade cos informes favorables de declaración de utilidade pública, emitidos polos instrutores dos expedientes,

RESOLVO:

Declarar de utilidade pública as seguintes asociacións:

-Asociación Avelaíña de Axuda a Persoas con Problemas de Saúde Mental, inscrita no Rexistro Provincial de Asociacións de Pontevedra co número 1997/4405-1ª.

-Asociación Personas Sordas de Vigo, inscrita no Rexistro Provincial de Asociacións Pontevedra co número 1972/169-1ª.

-Asociación Casa de Familia Santa Joaquina de Vedruna, inscrita no Rexistro Provincial de Asociacións de Pontevedra co número 1995/3559-1ª.

-Asociación Red Madre Pontevedra, inscrita no Rexistro Provincial de Asociacións de Pontevedra co número 2008/11236-1ª.

-Asociación de Pais do Servizo de Tratamentos a Nenos con Discapacidades (STAND), inscrita no Rexistro Provincial de Asociacións da Coruña co número 1993/3465-1ª.

Contra esta orde que pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, podendo interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes, segundo o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2010.

Alfonso Rueda Valenzuela

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza