DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 09 de decembro de 2010 Páx. 20.128

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 26 de novembro de 2010 pola que se resolve a convocatoria da Orde do 25 de xuño de 2010 de axudas dirixidas a conservatorios e escolas de música non dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Mediante a Orde do 25 de xuño de 2010 (DOG do 5 de xullo) publicouse a convocatoria de axudas dirixidas a conservatorios e escolas de música non dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Valoradas pola comisión as solicitudes presentadas e elevada a proposta definitiva de concesión destas axudas, segundo prevén os puntos sétimo e oitavo da orde de convocatoria, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Concederlles as axudas, nas contías que se sinalan, aos conservatorios de música non dependentes desta consellería e de titularidade pública que se relacionan no anexo I a esta orde.

Segundo.-Concederlles as axudas, nas contías que se sinalan, ás escolas de música públicas das cales sexan titulares os concellos que se relacionan no anexo II a esta orde. Así mesmo, desestimar as solicitudes presentadas polas escolas de música públicas das cales sexan titulares os concellos que se relacionan no anexo III, polas causas que se indican.

Terceiro.-Concederlles as axudas, nas contías que se sinalan, ás escolas de música dependentes de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro que se relacionan no anexo IV a esta orde. Así mesmo, desestimar as solicitudes presentadas polas escolas de música dependentes de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro que se relacionan no anexo V, polas causas que se indican.

Cuarto.-Para facer efectivo o pagamento das axudas, os beneficiarios presentarán na Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial, no prazo de 10 días desde o seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, a xustificación completa dos gastos realizados, segundo o disposto no punto décimo da orde de convocatoria.

Quinto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, perante a persoa titular da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, segundo o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou ben os interesados poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2010.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación

e Ordenación Universitaria

Ver referencia pdf "23500D004P032.PDF"