DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 02 de decembro de 2010 Páx. 19.880

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2010, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8º.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na comunidade autónoma a homologación dos ditos cursos e, no seu artigo 9º, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que celebre.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública, do Ministerio de Sanidade e Política Social, e de Agricultura, do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Sanea Control, S.L., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso.

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora.

Sanea Control, S.L.

3. Data.

Os días 15, 16 e 17 de decembro de 2010.

4. Lugar de realización.

Polígono de Sete Pontes, parcela nº 13, 27800 Vilalba (Lugo).

5. Número de prazas.

25 alumnos.

6. Dirixido.

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

7. Criterios de selección.

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes.

Solicitude segundo o modelo do anexo I.

9. Programa.

Ver referencia pdf "23200D003P008.PDF"

10. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polo alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2010.

Manuel Antonio Varela Rey

Director xeral de Innovación

e Xestión da Saúde Pública

ANEXO I

Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores

de produtos biocidas. Nivel basico

Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.

Datas: os días 15, 16 e 17 de decembro de 2010.

Lugar de realización do curso: polígono de Sete Pontes, parcela nº 13, 27800 Vilalba (Lugo).

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: de 8.30-13.30 h. e de 16.00-18.00 h.

Nº de prazas: 25 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviarase a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e comprobante de pago a Sanea Control, S.L., avda. da Mahía 106, baixo, 15220 Bertamiráns-Ames (A Coruña). Telefono: 981 88 69 24/639 60 63 81. Fax: 881 24 29 45, e-mail saneacontrol@yahoo.es

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Ver referencia pdf "23200D005P009.PDF"