DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 02 de decembro de 2010 Páx. 19.878

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

ORDE do 22 de novembro de 2010 sobre aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Cualedro (Ourense).

O Concello de Cualedro eleva, para a súa aprobación definitiva, o expediente do Plan Xeral de Ordenación Municipal, de conformidade co previsto no artigo 85º.7 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

I. Antecedentes.

1. Mediante Orde do 11 de xuño de 2010, esta Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas resolveu non outorgar a aprobación definitiva ao Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Cualedro, de conformidade co disposto no artigo 85º.7 b) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, instar o concello para a elaboración dos documentos corrixidos precisos para emendar as deficiencias sinaladas no corpo da devandita orde; e a elevalos novamente, logo dos trámites oportunos, á consellería para a súa aprobación definitiva.

2. Con data do 29 de xullo de 2010, o Pleno do Concello de Cualedro acordou proceder á aprobación provisional do documento corrixido do PXOM, tras a emisión dos informes preceptivos dos servizos técnico e xurídico municipais con data do 26 de xullo de 2010.

3. Con data do 18 de outubro de 2010 tivo entrada nesta consellería a nova documentación relativa ao Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Cualedro, en solicitude de resolución sobre a súa aprobación definitiva.

II. Informe.

Visto o documento do Plan Xeral de Ordenación Municipal remitido que foi obxecto de aprobación provisional polo Concello Pleno en sesión do 29 de xullo de 2010; examinado o seu propio contido e as modificacións introducidas respecto do documento que foi obxecto de resolución pola anterior Orde do 11 de xuño de 2010.

E vista a proposta literal que nesta mesma data eleva a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pode considerarse que o novo documento agora remitido cumpre as observacións formuladas na anterior Orde do 11 de xuño de 2010.

De conformidade co artigo 89 da LOUG e co artigo 1 do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos plans xerais de ordenación municipal correspóndelle ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

III. Resolución.

En base no anteriormente exposto,

RESOLVO:

Primeiro.-Outorgar a aprobación definitiva ao Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Cualedro (Ourense), de conformidade co previsto no artigo 85º.7 a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Segundo.-De conformidade co disposto polos artigos 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o concello deberá publicar no BOP a normativa e as ordenanzas do plan aprobado definitivamente.

Terceiro.-Notifíqueselle esta orde ao Concello de Cualedro e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co artigo 85º.11 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, contra esta orde cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2010.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio

e Infraestruturas