DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 01 de decembro de 2010 Páx. 19.872

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE PÚBLICA DE INVESTIMENTOS DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO de demanda de financiamento.

Anuncio de demanda de financiamento axustada aos seguintes termos:

-Modalidade: préstamo.

-Importe: ata 42.508.284,62 euros, cun mínimo de oferta de 10.000.000 de euros (nun ou en varios tramos).

-Período de disposición: ata o 31 de decembro nunha ou en varias disposicións.

-Moeda: euros.

-Modalidades:

Opción A: tipo de xuro variable referenciado a euríbor a 3 meses.

Prazo: 10 anos (incluída carencia).

Carencia: 2 anos.

Liquidacións de xuros e amortizacións: trimestrais.

Opción B: tipo de xuro fixo referenciado ao tipo de oferta do IRS a prazo de 6 anos.

Prazo: 10 anos (incluída carencia).

Carencia: 2 anos.

Liquidacións de xuros e amortizacións: trimestrais.

Opción C: calquera estrutura que a entidade financeira considere que pode ser de interese para SPI-Galicia, S.A.

Prazo:10 anos (incluída carencia).

Carencia: 2 anos.

(SPI-Galicia, S.A. reserva para si en función dos importes e das condicións financeiras ofertadas, o dereito a optar por calquera das tres opcións, calquera combinación entre elas ou mesmo declarar deserta a adxudicación).

-Garantías: as que deriven do convenio marco e do PEF global de 2010 aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 18 de febreiro de 2010. O contrato que se asine poderá incluír dentro das causas de vencemento anticipado a modificación substancial do accionariado de SPI-Galicia, S.A.

-Comisións e gastos: non existirán.

Presentación de ofertas:

As ofertas dirixiranse en sobre pechado á atención do presidente de SPI-Galicia, S.A., praza de Europa, 10 A-5º, 15707 Santiago de Compostela, facendo constar na marxe superior esquerda o seguinte:

Oferta préstamo novembro 2010.

Prazo de presentación de ofertas:

As ofertas deberán presentarse antes das 12.00 horas do día 14 de decembro de 2010 no rexistro de SPI-Galicia, S.A.

O/os mandato/s serán outorgado/s no prazo máximo de 8 días, contados desde a finalización do período de presentación de ofertas.

É intención desta entidade pública da comunidade autónoma que a operación se asine sen a intervención de fedatario público. No clausulado do contrato que se formalice, poderase incluír a obriga de elevar a público o documento no suposto de que algunha das partes, e ao seu custo, o requira. Non obstante, se a entidade financeira considera a necesidade de que a operación de endebedamento se asine ante o mencionado fedatario, deberá facerse cargo do gasto correspondente.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2010.

Miguel Corgos López Prado

Presidente da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.