DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 01 de decembro de 2010 Páx. 19.872

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 7º do Real decreto lexislativo 2/2004 e 106º.3 da Lei 7/1985, e cumprindo o que acordou a corporación provincial, na sesión do día 29 de outubro de 2010, faise público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polo Concello de Boborás (recadación de ingresos de dereito público), nas condicións xerais establecidas e que se detallan no anuncio publicado por esta corporación no DOG do día 19 de setembro de 1994.

A data de inicio de efectos desta delegación e o prazo da súa vixencia, axustaranse ás normas que ten establecidas esta deputación.

Ourense, 4 de novembro de 2010.

José Luis Baltar Pumar

Presidente da Deputación Provincial de Ourense