DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 01 de decembro de 2010 Páx. 19.871

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO

ANUNCIO.

Mediante acordo da Xunta de Goberno local, en sesión ordinaria, celebrada o día vinte e oito de outubro de dous mil dez, iniciouse o expediente de contratación seguinte:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Salvaterra de Miño.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo especial.

b) Descrición do obxecto: explotación do bar-cafetaría da casa de cultura municipal de Meder.

c) Duración do contrato: dous anos, prorrogable a catro anos.

3. Tramitación: ordinaria.

4. Procedemento: aberto.

5. Contraprestación económica ou canon.

O adxudicatario deberá aboar ao concello un canon anual mínimo por importe de 1.534 euros (IVE incluído). As ofertas económicas efectuaranse á alza partindo da dita cantidade.

6. Garantía provisional.

Non se exixe.

7. Obtención de documentación e información.

Concello de Salvaterra de Miño, praza da Constitución, nº 1 (36450).

Páxina web: http://concellodesalvaterra.org. Poderán obter documentación e información ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

Teléfono: 986 65 81 26/986 65 80 82. Fax: 986 65 83 60.

8. Presentación de ofertas.

As proposicións para tomar parte na licitación presentaranse das 9.00 ás 13.00 horas, no rexistro xeral do Concello de Salvaterra de Miño, no prazo de 26 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no último dos boletíns en que apareza (DOG ou BOP).

Os pregos de cláusulas administrativas e técnicas serán publicadas no perfil do contratante do Concello de Salvaterra de Miño. Poderá publicarse, así mesmo, aquela outra información ou documentación que sexa necesaria ou conveniente.

9. Criterios de adxudicación.

Son os establecidos na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Documentación que hai que presentar.

Véxanse as bases que rexen o contrato.

11. Apertura de proposicións.

O día hábil seguinte ao da terminación do prazo de presentación de proposicións, ás 12.00 horas.

12. Gastos de publicidade: a cargo do contratista adxudicatario.

Salvaterra de Miño, 3 de novembro de 2010.

Arturo Grandal Vaqueiro

Alcalde