DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 01 de decembro de 2010 Páx. 19.870

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO de licitación.

Por decreto da Alcaldía do 29 de outubro de 2010 foi aprobado o prego de condicións técnicas, xurídicas e económico-administrativas que rexerán a venda de parcela de titularidade municipal sita en Budiño, coas seguintes especificidades:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello do Porriño.

b) Dependencia tramitadora: Secretaría.

2. Obxecto do contrato: venda de parcela de 675 m2 de superficie en Budiño, O Porriño.

3. Tramitación, procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con único criterio de valoración (mellor oferta económica concretada á alza respecto do tipo de licitación).

4. Tipo de licitación: 118.054,48 euros máis 21.249,81 euros, en concepto de IVE.

5. Obtención da documentación e información.

a) Perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es

b) Entidade: Concello do Porriño.

c) Enderezo: Antonio Palacios, 1.

d) Localidade e código postal: O Porriño, 36400.

e) Teléfono: 986 33 05 79.

f) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día anterior ao de finalización do prazo de presentación.

6. Presentación das proposicións.

a) Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais contados desde la publicación do último anuncio de licitación no BOP de Pontevedra, Diario Oficial de Galicia ou no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello do Porriño.

7. Apertura das ofertas.

a) Concello do Porriño.

b) Enderezo: Antonio Palacios, 1.

c) Localidade e código postal: O Porriño, 36400.

d) Data: o primeiro día hábil seguinte ao de remate do prazo de presentacións das proposicións (de coincidir en sábado será o luns seguinte).

8. Composición da mesa de contratación.

Presidente: alcalde do Concello do Porriño ou concelleiro en quen delegue.

Vogais:

O secretario xeral do concello ou funcionario en quen delegue.

O interventor municipal ou funcionario en quen delegue.

A tesoureira municipal ou funcionario en quen delegue.

A arquitecta municipal.

Secretaria da mesa: a xefa acctal. do Negociado de Contratación.

9. Gastos dos anuncios: serán pola conta do licitador que resulte adxudicatario.

10. Páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 29 de outubro de 2010.

José Nelsón Santos Argibay

Alcalde