DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 01 de decembro de 2010 Páx. 19.870

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

Resolucións do 4 e do 13 de outubro de 2010, do Concello de Pontevedra, referentes á convocatoria para prover varias prazas.

No BOP de Pontevedra número 212, do 4 de novembro de 2010, publicaronse as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria dos procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no Concello de Pontevedra incluídas na oferta de emprego público de 2008.

O concelleiro de goberno responsable da Área de Réxime Interior, Persoal e Actividade Económica convocou, mediante resolucións do 4 e do 13 de outubro de 2010, os procesos selectivos para a cobertura das prazas vacantes contidas na oferta de emprego público do ano 2008 que a continuación se sinalan:

-Grupo, segundo o artigo 76º da Lei 7/2007: grupo A, subgrupo A2. Clasificación: escala executiva de Administración especial, subescala de servizos especiais, do corpo da policía local. Número de vantes: 1. Denominación: inspector.

O sistema de selección dos aspirantes á praza de inspector será o de concurso-oposición, mediante o procedemento de promoción interna, segundo se dispón nas súas bases reguladoras.

-Grupo, segundo o artigo 76º da Lei 7/2007: grupo C, subgrupo C1. Clasificación: escala básica de Administración especial, subescala de servizos especiais, do corpo da policía local. Número de vacantes: 1. Denominación: oficial.

O sistema de selección dos aspirantes á praza de oficial será o de concurso-oposición mediante o procedemento de promoción interna, segundo se dispón nas súas bases reguladoras.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación este anuncio no BOE. Os sucesivos anuncios publicaranse no BOP de Pontevedra e no taboleiro de edictos da corporación nos termos establecidos nas bases.

Pontevedra, 19 de novembro de 2010.

Miguel Anxo Fernández Lores

Alcalde