DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 01 de decembro de 2010 Páx. 19.869

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle reformado para reaxustar aliñacións correspondentes a parcelas situadas no eido do PERI de Estribela, entre a avenida Montero Ríos número 28 e a avenida Marqués de Valterra número 1, promovido por Fidel Abad Mosquera.

O Pleno da corporación na sesión ordinaria do 22 de outubro de 2010, acordou aprobar, con carácter definitivo, o estudo de detalle reformado para reaxustar aliñacións correspondentes a parcelas situadas no eido do PERI de Estribela, entre a avenida Montero Ríos nº 28 e a avenida de Marqués de Valterra nº 1, formulado, mediante iniciativa particular, por Fidel Abad Mosquera, sendo o instrumento urbanístico que se aproba definitivamente o subscrito polo arquitecto Antonio Vázquez Rosales con visado do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia do 7 de xaneiro de 2010.

O acto de aprobación definitiva do citado estudo de detalle foille comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o 28 de outubro de 2010, cumprindo co disposto no artigo 92º.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Conforme o sinalado no artigo 92º.2 da citada lei, procedeuse a publicar este acordo no DOG e no BOP, ademais de notificárllelo persoalmente aos propietarios directamente afectados, con indicación dos recursos procedentes.

Contra o acordo de aprobación definitiva do estudo de detalle que pon fin á vía administrativa poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, de conformidade co establecido nos artigos 8º, 10º e 46º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 2 de novembro de 2010.

María Teresa Casal García José Luis Mato Rodríguez

Tenente alcalde delegada Secretario xeral do Pleno

da Área de Urbanismo

e Vivenda