DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 01 de decembro de 2010 Páx. 19.868

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

No BOP de Pontevedra nº 118, do mércores 23 de xuño de 2010, publicáronse o texto íntegro das bases e mais a convocatoria para cubrir unha praza de administrativo, grupo C1, escala da Administración xeral, subescala administrativa, promoción interna, incluída na oferta de emprego público para 2010.

A requirimento da Dirección Xeral de Administración Local da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, foron modificadas as bases referidas. Tales modificacións publicáronse no BOP de Pontevedra nº 221, do mércores 17 de novembro de 2010.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no BOE.

Lalín, 19 de novembro de 2010.

Xosé Crespo Iglesias

Alcalde