DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 01 de decembro de 2010 Páx. 19.868

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

EDICTO.

Manuel Blanco Casais solicita desta alcaldía licenza municipal para a actividade de reforma e reconstrución de parte de nave existente con destino a recría de polos na Brea, Matalobos, cumprindo o disposto no artigo 8º.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles co fin de que durante este -que comezará a computarse desde o día seguinte ao da última inserción deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia- poidan examinar o expediente no Departamento Municipal de Urbanismo, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

A Estrada, 15 de outubro de 2010.

José Antonio Dono López

Alcalde presidente