DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 01 de decembro de 2010 Páx. 19.867

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEDEIRA

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle das parcelas 19-20 e 37-38 do parque empresarial da Trabe (Cedeira).

Con data do 9 de novembro de 2010, a Xunta de Goberno local acordou a aprobación inicial do estudo de detalle presentado por Alejandro Díaz López, en representación de Galician Audio Research Center, S.A., co obxecto de definir a ordenación de volumes correspondentes á agrupación de parcelas 19-20 e 37-38 da zona Z3 do parque empresarial da Trabe, redactado por Antonio Piñeiro Conchado, visado polo COAG na data do 25-10-2010, condicionado a que se acredite a propiedade das parcelas en favor de Galician Audio Research Center, S.A., ou de non seren estes os propietarios se acredite a aceptación polos propietarios que representen o 50% da superficie do ámbito de detalle.

O dito acordo supón a suspensión de outorgamento de licenzas no ámbito regulado polo estudo de detalle por un prazo máximo de dous anos ou ata que se acorde a aprobación definitiva se fose anterior.

Sométese a información pública polo prazo de 20 días hábiles a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP, no Diario Oficial de Galicia e nun dos diarios de maior circulación da provincia.

Durante o dito prazo as persoas interesadas poderán examinar o seu contido na Casa do Concello de luns a venres en horario das 9.00 ás 14.00 horas e presentar as alegacións que consideren oportunas.

Cedeira, 16 de novembro de 2010.

José Luis Vergara Rey

Alcalde