DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 01 de decembro de 2010 Páx. 19.861

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MAR

CÉDULA do 5 de novembro de 2010, do Departamento Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de expedientes sancionadores (PESAN1 2009/000736-5 e PESAN1 2010/000399-5).

De conformidade co disposto no artigo 59º.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 8/2004, do 30 de xullo, de protección, control, infraccións e sancións en materia marítimo-pesqueira de Galicia (DOG nº 162, do 20 de agosto).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para examinar o expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados no citado Departamento Territorial de Vigo, Concepción Arenal, 8.

Nº de expediente: PESAN1 2009/000736-5.

Denunciado: Javier Otero Mouriño.

DNI: 35481825-R.

Enderezo: rúa Cervantes, nº 42, Carril-Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 12º.1.

Resolución: caducado sen prexuízo do dereito desta Administración a incoar un novo procedemento se a infracción non está prescrita.

Nº de expediente: PESAN1 2010/000399-5.

Denunciado: Agustín Crespo Bouzón.

DNI: 36005403-F.

Enderezo: Carballiño, 41, Cesantes-Redondela (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 11º.4.

Sanción: 425 euros.

De conformidade co previsto na orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG nº 235, do 5 de decembro), o importe da devandita sanción deberá ser aboado nos prazos que establece o Regulamento xeral de recadación, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ao seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario o interesado deberá recoller no antedito Departamento Territorial da Consellería do Mar o documento de ingreso correspondente.

Vigo, 5 de novembro de 2010.

Sonia Lorenzo Santos

Xefa territorial de Vigo