DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 01 de decembro de 2010 Páx. 19.861

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ANUNCIO do 8 de novembro de 2010, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental da concentración parcelaria de Vilar II (Touro-A Coruña).

En cumprimento do disposto no artigo 5º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da concentración parcelaria de Vilar II (Touro-A Coruña) e promovida pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural. A citada declaración poderá ser consultada na páxina web da Consellería do Medio Rural (http://mediorural.xunta.es) e na da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2010.

Antonio Crespo Iglesias

Director xeral de Desenvolvemento Rural