DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 01 de decembro de 2010 Páx. 19.860

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

EDICTO do 4 de novembro de 2010, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se lles require documentación aos solicitantes de diversos procedementos xestionados neste departamento territorial.

En uso das competencias atribuídas a este departamento territorial e en virtude do disposto nos artigos 71º e 59º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP-PAC), ao seren devoltas polo servizo de correos as notificacións enviadas no seu día cos requirimentos de emenda nos procedementos instados polos interesados, requírense para que no prazo de 10 días, contados desde o seguinte ao da data de publicación deste edicto, emenden a falta ou presenten os documentos que se indican no anexo, e advírteselles que, de non facelo así, se terán por desistidos da súa petición. No mesmo prazo antes sinalado e de acordo co previsto no artigo 61º da LRXAP-PAC, poderán comparecer no Departamento Territorial de Traballo e Benestar de Vigo (rúa Concepción Arenal, nº 8-1º).

Vigo, 4 de novembro de 2010.

Mª Carmen Bianchi Valcarce

Xefa territorial de Vigo

Ver referencia pdf "23100D038P061.PDF"