DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 01 de decembro de 2010 Páx. 19.860

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

CÉDULA do 2 de novembro de 2010, da Dirección Xeral de Promoción do Emprego, pola que se fai pública a resolución declarativa do inicio da procedencia do reintegro do 19 de outubro de 2010 da axuda de contratación indefinida do expediente administrativo TR347G 2007/44-0.

Transcorrido o prazo concedido á empresa para a presentación de alegacións, desde a publicación do acordo de inicio do expediente declarativo da procedencia de reintegro da axuda concedida, e de conformidade co disposto no artigo 59º.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase a resolución declarativa da procedencia do reintegro de axudas e subvencións públicas, despois de intentada a notificación persoal no enderezo sinalado pola entidade beneficiaria que no anexo se indica.

A Orde do 21 de xullo de 1998 da Consellería de Economía e Facenda que regula o procedemento de recadación nos supostos de reintegros de axudas ou subvencións públicas, establece no seu artigo terceiro que o dito procedemento se iniciará por resolución administrativa declarativa da procedencia do reintegro por parte do órgano competente para a concesión da axuda, e será a Consellería de Economía e Facenda quen lle notificará ao interesado o lugar, prazo e contía que deberá reintegrar.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante esta Dirección Xeral de Promoción do Emprego, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2010.

Andrés Hermida Trastoy

Director xeral de Promoción do Emprego

ANEXO

Nº de expediente: TR347G 2007/44-0.

Procedemento: programa para o fomento das transformacións dos contratos de carácter temporal en indefinidos.

Data da resolución de concesión: 26-6-2007.

Beneficiario: Astilleros Montajes Cíes, S.L.

CIF: B-36614816.

Enderezo: Sárdoma, Fragosiño. 36208 Vigo (Pontevedra).

Incumprimento das obrigas previstas no artigo 17º da Orde do 11 de decembro de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras do programa para o fomento das transformacións dos contratos de carácter temporal en indefinidos na Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2007 (DOG nº 240, do 15 de decembro de 2006).

Contía da subvención percibida: 2.000 euros.