DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 01 de decembro de 2010 Páx. 19.859

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

CÉDULA do 2 de novembro de 2010, da Dirección Xeral de Promoción do Emprego, pola que se fai pública a resolución declarativa do inicio da procedencia do reintegro do 19 de outubro de 2010 da axuda de contratación indefinida do expediente administrativo TR347G 2007/15-0.

Transcorrido o prazo concedido á empresa para a presentación de alegacións, desde a publicación do acordo de inicio do expediente declarativo da procedencia de reintegro da axuda concedida, e de conformidade co disposto no artigo 59º.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase a resolución declarativa da procedencia do reintegro de axudas e subvencións públicas, despois de intentada a notificación persoal no enderezo sinalado pola entidade beneficiaria que no anexo se indica.

A Orde do 21 de xullo de 1998 da Consellería de Economía e Facenda que regula o procedemento de recadación nos supostos de reintegros de axudas ou subvencións públicas, establece no seu artigo terceiro que o dito procedemento iniciarase por resolución administrativa declarativa da procedencia do reintegro por parte do órgano competente para a concesión da axuda, e será a Consellería de Economía e Facenda quen notificará a interesada o lugar, prazo e contía que ten que reintegrar.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo de un mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante a Dirección Xeral de Promoción do Emprego, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2010.

Andrés Hermida Trastoy

Director xeral de Promoción do Emprego

ANEXO

Nº de expediente: TR347G 2007/15-0.

Procedemento: programa para o fomento das transformacións dos contratos de carácter temporal en indefinidos.

Data da resolución de concesión: 2-5-2007.

Beneficiario: Barbanza de Fontanería, IFC, S.L.

CIF: B-15955339.

Enderezo: r/ Eduardo Núñez Darxellas, edif. Libertad, 8 B, porta tra. 15200 Noia (A Coruña).

Incumprimento das obrigas previstas no artigo 17º da Orde do 11 de decembro de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras do programa para o fomento das transformacións dos contratos de carácter temporal en indefinidos na Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2007 (DOG nº 240, do 15 de decembro de 2006).

Contía da subvención percibida: 20.000 euros.