DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 01 de decembro de 2010 Páx. 19.858

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

CÉDULA do 21 de outubro de 2010, do Departamento Territorial de Vigo, pola que se fai pública a notificación de resolución de expedientes tramitados por este departamento territorial.

De conformidade co disposto nos artigos 59º.5 e 61º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro (BOE nº 13, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a continuación se indica a resolución dos expedientes administrativos instruídos de conformidade co disposto no artigo 172º e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que se reflicte no expediente que consta neste departamento territorial.

O interesado poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte á publicación desta resolución, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co disposto na Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Os correspondentes expedientes constan no Servizo de Familia e Menores do Departamento Territorial en Vigo da Consellería de Traballo e Benestar.

Nº de expedientes: 2007/369 e 2007/370.

Interesado: Jacobo Badra González.

Enderezo: r/ Malagueña, nº 53 baixo dereita, Arrecife (Lanzarote).

Asunto: notificación dunha resolución administrativa do 1 de xullo de 2010.

Vigo, 21 de outubro de 2010.

Carmen Bianchi Valcarce

Xefa territorial de Vigo