DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 01 de decembro de 2010 Páx. 19.858

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

CÉDULA do 5 de novembro de 2010, da Secretaría Xeral para o Turismo, pola que se notifican as resolucións referenciadas, ditadas nos expedientes administrativos de carácter sancionador, pola comisión de infraccións graves en materia de turismo (INSAN1 2009/141-1 e dúas máis).

Mediante esta cédula e de conformidade co disposto no artigo 59º.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás sociedades mercantís que a continuación se mencionan as resolucións dos procedementos sancionadores en materia de turismo por infracción administrativa grave da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia (DOG nº 246, do 19 de decembro), modificada pola Lei 1/2010, do 11 de febreiro, e que intentadas polos medios habituais non se puideron practicar.

As interesadas poderán examinar o seu expediente e recoller as resolucións mediante comparecencia nas dependencias desta Secretaría Xeral para o Turismo, situada na praza de Mazarelos, nº 15, de Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, as interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura e Turismo, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 114º e seguintes, da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Expediente: INSAN1 2009/141-1.

Sancionada: Inversiones Dominic, S.L.

CIF nº: B-70072012.

Último enderezo: Centro Logístico de Transportes Ledoño, parcela 135-B.

Localidade: Culleredo (A Coruña).

Precepto infrinxido: artigo 70º a) da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia.

Resolución: multa de 1.000 euros.

Expediente: INSAN1 2010/051-1.

Sancionada: Exporsal, S.L.

CIF nº: B-70200639.

Último enderezo: O Monte, San Tirso de Mabegondo, s/n.

Localidade: Abegondo (A Coruña).

Precepto infrinxido: artigo 70º a) da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia.

Resolución: multa de 1.700 euros.

Expediente: INSAN1 2009/038-4.

Interesada: Hostelería Unida, S.A.

Último enderezo: avenida Cánovas del Castillo, nº 24.

Localidade: Vigo (Pontevedra).

Resolución: sobresemento por caducidade.

De non ter presentado recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme, debendo aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) Publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte; b) Publicación entre os días 16 e derradeiro de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte.

O aboamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta secretaría xeral. De non efectuarse o ingreso no período voluntario, procederase á exacción da débeda pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2010.

Mª Carmen Pardo López

Secretaria xeral para o Turismo