DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 01 de decembro de 2010 Páx. 19.857

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 9 de novembro de 2010, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2010177PRO, por infraccións en materia sanitaria.

Coa data do 27 de outubro de 2010, a xefa territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador 2010177PRO incoado no Departamento Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a Manuel Bretal Paz.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59º.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e, ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Manuel Bretal Paz o contido da dita resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias deste departamento, sito na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia, conta contable 840, código 001, en Caixanova Recadación Xunta, en BBVA transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias deste departamento territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59º.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 9 de novembro de 2010.

Emma Rego Valcarce

Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2010177PRO.

Interesado: Manuel Bretal Paz.

DNI/NIF/CIF: 76515373P.

Derradeiro enderezo coñecido: Atalaya, s/n, Porto do Son.

Feitos imputados: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: artigo 35º a) da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade e artigo 41º da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia. Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 50 €, cincuenta euros.