DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 01 de decembro de 2010 Páx. 19.856

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 5 de novembro de 2010, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2010220SEA, por infraccións en materia sanitaria.

Coa data do 27 de outubro de 2010, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2010220SEA incoado no Departamento Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a Waqas Ahmed (Restaurante Taj Mahal).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59º.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e, ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Waqas Ahmed (Restaurante Taj Mahal), o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante o departamento territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias do departamento territorial, sito na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18º e 19º do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59º.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 5 de novembro de 2010.

Emma Rego Valcarce

Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2010220SEA.

Interesado: Waqas Ahmed (Restaurante Taj Mahal).

DNI/NIF/CIF: X7338805B.

Derradeiro enderezo coñecido: Raíña, 10, 15705 Santiago de Compostela.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: artigo 35º a) da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, e 41º da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Artigos 2º.1.1; 2º.2 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, sobre infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da produci ón agroalimentaria.

Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre a hixiene de produtos alimenticios, artigo 5º; anexo II: cap. I, apt. 4; cap. II, apt. 1 f; cap. V; cap. IX, apt. 2 e 3.

Regulamento (CE) 178/2002, do 28 de xaneiro, sobre principios e requisitos xerais de lexislación alimentaria, artigo 18º.

Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, sobre normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas, artigo 6º, apt. 2 e artigo 10º.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 300 €, trescentos euros.