DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 01 de decembro de 2010 Páx. 19.856

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2010, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica no concello da Illa de Arousa. (Expediente IN407A 10/250-4).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Compañía de Electrificación, S.L.

Domicilio social: praza Dr. Carús, 7-1º C, Edf. León XIII-Pdo. 59, 36600 Vilagarcía de Arousa.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Gradín.

Situación: concello da Illa de Arousa.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor R.H.Z.1 de 190 metros de lonxitude, con orixe no C.T. existente Laxes do Pan e final no C.T. proxectado. Centro de transformación de 400 kVA, R.T. 20 kV/230-400 V, situado na rúa Gradín, A Illa de Arousa. R.B.T. subterránea de 352 metros de lonxitude con condutor R.V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131º do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 10 de novembro de 2010.

Ignacio Rial Santomé

Xefe territorial de Pontevedra