DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 01 de decembro de 2010 Páx. 19.855

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2010, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica no concello de Sanxenxo. (Expediente IN407A 10/202-4).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. A Lanzada.

Situación: Sanxenxo.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV con condutor tipo R.H.Z. de 425 metros de lonxitude, con orixe na torre metálica da L.M.T. aos CC.TT. Casal (36ABH5) e Noalla (36CE55) e final no mesmo, unha vez alimente o centro de transformación proxectado.

Centro de transformación con relación 20.000-400/230 V a 630 kVA, situado na parroquia de Noalla (Santo Estevo), Sanxenxo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131º do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 28 de outubro de 2010.

Ignacio Rial Santomé

Xefe territorial de Pontevedra