Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Electra del Jallas, S.A.
Domicilio social: pza. da Constitución, 17, 15270 Cee (A Coruña).
Denominación: L.M.T.S. a C.S. Freixo.
Situación: concello de Outes.
Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV de 26 m de lonxitude en condutor R.H.Z.1 de 240 mm2 Al, con orixe e final na L.M.T.S. a C.T. Mosteiro, pasando polo centro de seccionamento particular no Freixo. Concello de Outes.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 25 de outubro de 2010.
Tristana Moraleja Gómez
Xefa territorial da Coruña