Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Electra del Jallas, S.A.
Domicilio social: pza. da Constitución, 17, 15270 Cee (A Coruña).
Denominación: L.M.T.S. e C.T. rúa Castelao.
Situación: concello de Cee.
Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,096 km, con orixe en empalmes proxectados na L.M.T.S. POT-801 Cee-Corcubión, tramo a C.T. avda. de Relleno-Bombeo (expediente IN407A 1997/98) en condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3×(1×240) Al, e final na mesma liña unha vez que entre e saia no C.T. proxectado.
Centro de transformación (C.T.) non prefabricado, cunha potencia de 630 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V. Concello de Cee.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 25 de outubro de 2010.
Tristana Moraleja Gómez
Xefa territorial da Coruña