DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 01 de decembro de 2010 Páx. 19.853

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

ACORDO do 27 de outubro de 2010, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica no concello das Pontes de García Rodríguez. (Expediente IN407A 10/257).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. a C.S. en polígono Penapurreira (parcela C-4) (Delicias Coruña, S.L.).

Situación: concello das Pontes de García Rodríguez.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, cunha lonxitude de 0,194 km, con orixe e final intercalada por dobre empalme na L.M.T.S. MOL-826, polígono Penapurreira tramo subterráneo entre o C.T. Evasa-Penapurreira e final de liña do polígono Penapurreira 2ª fase, condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3×(1×240) Al. Concello das Pontes de García Rodríguez.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións neste departamento territorial, situado no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 27 de outubro de 2010.

Tristana Moraleja Gómez

Xefa territorial da Coruña