DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 01 de decembro de 2010 Páx. 19.843

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

ACORDO do 26 de outubro de 2010, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica nos concellos de Cuntis e Caldas de Reis. (Expediente IN407A 09/941-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.A.T. 66 kV Padrón-Tivo, variante Caldas.

Situación: Cuntis e Caldas de Reis.

Descricións técnicas: liña de alta tensión a 66 kV estruturada en tres tramos: aéreo:

-Aéreo: 3.502 metros con condutor LA-280, con orixe no apoio existente nº 198 da L.A.T. Padrón-Tivo e final no apoio existente nº 25 da L.A.T. Tivo-A Estrada.

-Aéreo: 3.859 metros con condutor LA-280, con orixe no apoio existente nº 25 da L.A.T. Tivo-A Estrada e final no apoio paso aerosubterráneo nº 28.

-Subterráneo: 1.395 metros, dobre circuíto, con condutor de aluminio, con orixe no apoio nº 28 paso aerosubterráneo e final na subestación de Tivo.

A instalación está situada nos termos municipais de Caldas de Reis e Cuntis.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado neste departamento territorial, avenida Fernández Ladreda 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacions por razón do disposto no artigo 145º do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderá examinarse neste departamento territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 26 de outubro de 2010.

Ignacio Rial Santomé

Xefe territorial de Pontevedra

Ver referencia pdf "23100D021P043.PDF"