Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. e C.T. en rúa Amor Hermoso.
Situación: concello de Cedeira.
Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, cunha lonxitude de 0,387 km, con orixe e final en empalmes proxectados na nova L.M.T.S. CDR subestación Cedeira, entre os CC.TT. Caixa de Aforros e Zumalacárregui, condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3×(1×240) Al.
Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e relación de transformación de 20.000/400-230 V. Concello de Cedeira.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións neste departamento territorial, situado no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 22 de outubro de 2010.
Tristana Moraleja Gómez
Xefa territorial da Coruña