DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 01 de decembro de 2010 Páx. 19.842

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

ANUNCIO do 2 de novembro de 2010, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para a fábrica de queixo no parque empresarial de Vilalba no concello de Vilalba (Lugo), promovida por Queserías Entrepinares, S.A. (Clave 2010/IPPC/1012).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), no Decreto 2414/1961, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas (BOE nº 292, do 7 de decembro), faise público que, por espazo de trinta (30) días hábiles (contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio), quedará exposta en horas de atención ao público a documentación correspondente á solicitude de autorización ambiental integrada para as instalacións da granxa referida no encabezamento, co fin de que calquera interesado poida consultala e, de ser o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións e/ou observacións que estime convenientes. A documentación que se expón será:

*Proxecto básico de solicitude de autorización ambiental integrada de: Queserías Entrepinares, S.A. parque empresarial de Vilalba, ampliación segunda, parcela P-56.

Para isto, poranse á disposición dos administrados exemplares da devandita documentación nas seguintes dependencias:

-Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental); San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela-A Coruña).

-Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, (rolda da Muralla, 70-27071 Lugo).

-Concello de Vilalba, praza da Constitución 1. 27800 Vilalba (Lugo).

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2010.

Justo de Benito Basanta

Secretario xeral de Calidade e Avaliación

Ambiental

ANEXO

Memoria resumo

Clave: 2010/IPPC/1012.

Peticionario: Queserías Entrepinares, S.A.

Domicilio social: r/ Vázquez de Menchaca, 9, parcela 137-polígono industrial de Argales, Valladolid (Valladolid).

Localización das instalacións: parque empresarial de Vilalba, ampliación segunda, parcela P-56. 27800 Vilalba (Lugo). Un punto de localización das instalacións é o definido polas coordenadas U.T.M. X: 608.142,69 Y: 4.797.213,80.

Actividade: fabricación de queixo.

Descrición do proceso: a planta avaliada dedícase á fabricación de queixo. Está dimensionada para a fabricación de 18.000 kg/8 horas de queixo Havarti e de 12.000 kg/8 horas de queixo de vaca para untar.

O ciclo desta planta consta basicamente das seguintes etapas:

-Recepción, hixienización, arrefriamento e almacenamento do leite.

-Para a fabricación do queixo Havarti: pasteurización do leite, operacións de callado en cuba, moldeamento e prensado, desmoldeamento e salgadura, baño antifúnxico e maduración.

-Para a fabricación do queixo para untar: preparación do leite estandarizado en graxa, pasteurización e fermentación de nata, concentración previa por ultrafiltración (opcional), pasteurización e homoxeneizado, fermentación, desorado e mestura da callada, pasteurización e homoxeneización da crema, incorporación doutros ingredientes, envasado en quente e arrefriamento.

As augas sanitarias procedentes dos vestiarios, as augas de limpeza das instalacións, as augas de proceso e as augas pluviais procedentes das zonas de lavado e báscula de camións e da zona de descarga de cisternas son tratadas na estación depuradora de augas residuais e vertidas posteriormente ao colector municipal (rede de augas residuais).

As augas pluviais que circulan polo resto das instalacións da planta son vertidas sen tratamento previo ao colector municipal (rede de augas pluviais).