DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 01 de decembro de 2010 Páx. 19.841

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

ANUNCIO do 26 de novembro de 2010 polo que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca o segundo concurso público para a elaboración de listas de agarda e a contratación de persoal docente no curso académico 2010-2011.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), en diante LOU e no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia sobre contratación de profesorado universitario, polo Convenio colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e polo establecido nos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados por Decreto 7/2010, do 14 de xaneiro (DOG do 2 de febreiro) da Xunta de Galicia, esta reitoría, no uso das competencias recoñecidas pola LOU, resolve proceder ao anuncio da convocatoria de concurso público nas seguintes categorías:

L102. Listas de espera.

AS102. Profesorado asociado.

AD102. Profesorado axudante doutor.

A información completa (bases das convocatorias, modelo de solicitude, etc.) pode consultarse no taboleiro de anuncios do rexistro xeral da Universidade (Edificio Xerencia-Servizos Centrais, Campus Universitario-Vigo) e nos rexistros auxiliares dos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo (r/ Torrecedeira, 86), así como na páxina electrónica http://persoal.uvigo.es/, Servizo de Persoal Docente e Investigador, premendo en «emprego». Para outra información e aclaración de dúbidas poden dirixirse aos teléfonos 986 81 37 65 (Servizo de Persoal Docente e Investigador) e 986 81 36 00 (Negociado de Información).

O prazo de presentación de solicitudes é de dez días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, debendo dirixilas ao reitor no modelo oficial, obrigatoriamente acompañadas dos documentos acreditativos.

Vigo, 26 de novembro de 2010.

Salustiano Mato de la Iglesia

Reitor da Universidade de Vigo