DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 01 de decembro de 2010 Páx. 19.840

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2010 pola que se nomean profesores dos corpos docentes universitarios.

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocado mediante Resolución do 23 de xuño de 2010 (BOE do 5 de xullo), e presentada polos interesados a documentación a que fai referencia a base oitava da convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 65º da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, e o artigo 87º dos estatutos desta universidade e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polos interesados, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado. Non obstante, os interesados podrán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2010.

Juan José Casares Long

Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

Ver referencia pdf "23100D016P041.PDF"