DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 01 de decembro de 2010 Páx. 19.840

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 5 de novembro de 2010 pola que se convoca concurso de traslados entre profesorado de relixión que presta servizos nos centros educativos dependentes desta consellería.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia, o día 15 de novembro de 2010, nº 219, cómpre facer a seguinte corrección:

-Na páxina 18.643, na base terceira, debe engadirse o seguinte:

«7. O profesorado que estaba desprazado por falta de horario e que obtivo destino na convocatoria realizada pola Orde do 18 de decembro de 2009 terá un dereito de retorno ao seu centro de procedencia. Así mesmo, terá dereito preferente á localidade ou zona educativa en que se encontraba o centro de procedencia».

No anexo II, onde di secundaria, na páxina 18.647 debe engadirse:

Ver referencia pdf "23100D014P040.PDF"