DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 01 de decembro de 2010 Páx. 19.834

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FACENDA

ORDE do 25 de novembro de 2010 pola que se declara que aprobaron o proceso selectivo de consolidación de emprego para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 18 de xullo de 2008 a novos aspirantes.

En virtude da Resolución do 20 de maio de 2010 (DOG nº 98, do 26 de maio) fixose pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo de consolidación de emprego para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1.

Posteriormente, en virtude da Orde do 19 de novembro de 2010 (DOG nº 226, do 24 de novembro) a Consellería de Facenda acordou excluir dos procesos selectivos de consolidación de emprego e de promoción interna para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, os aspirantes nomeados como funcionarios dese corpo en virtude da Orde do 15 de novembro de 2010 (DOG nº 222, do 18 de novembro), de acordo co previsto na base IV.4 da convocatoria, e solicitar ao tribunal relación complementaria de aspirantes a que se refiren as bases II.3 e III.16.

Unha vez recibida a dita proposta do tribunal, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Declarar que superaron o proceso selectivo de consolidación de emprego para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1 os aspirantes incluídos na relación complementaria elaborada polo tribunal con ocasión das exclusións realizadas pola Orde do 19 de novembro de 2010, e que se relacionan no anexo I.

Segundo.-Abrir o prazo de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, para que os aspirantes do anexo I presenten a documentación exixida nas letras A), B), C) e D) da base IV.2 da mesma orde.

Terceiro.-Facer pública como anexo II a relación completa de aspirantes que, como consecuencia do establecido nos puntos anteriores, superaron o proceso selectivo de consolidación de emprego para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, por orde das puntuacións acadadas.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante a Consellería de Facenda no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2010.

Marta Fernández Currás

Conselleira de Facenda

Ver referencia pdf "23100D012P034.PDF"