DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 01 de decembro de 2010 Páx. 19.834

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FACENDA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 19 de novembro de 2010 pola que se procede ao nomeamento como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia dos aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á categoría 064 (oficial 1ª tractorista//tractorista e outros) correspondente ao grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polas quendas de promoción interna e cambio de categoría e de acceso libre.

Advertido erro na orde antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 227, do 25 de novembro de 2010, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 19.563, punto cuarto, liña 13, onde di: «… ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación…», debe dicir: «…ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación…».