DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 01 de decembro de 2010 Páx. 19.834

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 23 de novembro de 2010, da Xerencia do Servizo Galego de Saúde, pola que se dispón a publicación do Plan de ordenación de recursos humanos do servizo de lavandaría do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo.

Publicada a devandita resolución no Diario Oficial de Galicia número 230, do martes 30 de novembro pasado, na páxina 19.790 e seguintes, baixo a epígrafe VI. a) Anuncios da Administración Autonómica, cómpre facer a oportuna corrección para situala na epígrafe III. Outras disposicións.